Na actualidade o grupo está formado por doce membros ( tres bandurrias, catro laúdes e cinco guitarras) dirixidos por D. Francisco Villalonga Baños, un profesional da música con máis de corenta anos de experiencia na ensinanza dos instrumentos de pulso e púa. Alfaia é un grupo aberto, con clara vocación docente, polo que continuamente se incorporan novos membros que se encontran en diferentes etapas de formación antes de incorporarse ó grupo.
O grupo Alfaia ten actuado en diferentes eventos na nosa provincia, participando nos Concertos de Aninovo e das Letras Galegas do Concello de Cenlle, así como en diferentes festivais de carácter benéfico, tanto en Galicia coma en Portugal. Colabora de maneira estreita coa Coral Viladauga de Laias (Cenlle) coa que ten participado en actuacións conxuntas en multitude de ocasións.
O repertorio da formación é moi variada e abrangue melodías populares, clásicos intemporais da música e cancións de tuna, mostrando que o grupo non é unha rondalla ó uso senón unha formación de carácter ecléctico.